Esta apiques de rematar o segundo e último cuadrimestre deste primeiro curso, atopámonos nun momento de estres e nervios, pendentes de datas para rematar traballos e datas de exames, facendo contas dos días que temos para poder estudiar cada materia. Así que neste momento de pequeno caos mental tomamos un momento de calma para compartir unha breve reflexión do noso paso pola materia de Novas Tecnoloxías.
Comezamos o segundo cuadrimestre cunha mestra, que a mediados de este deu o relevo a outra, Esther. O inicio foi lixeiramente convulso xa que nos atopabamos pendientes de rematar e ultimar os detalles para a entrega de todo o noso traballo a primeira profesora, Paz. Esta segunda metade tomou un aire continuista a etapa precedente, achegándonos cada vez mais ao amplo mundo das TIC, onde aprendemos a crear e atopar recursos. Nas clases había un bo ambiente de traballo, tanto nas téoricas coma nas prácticas, no tocante as téoricas combinábase un parte teórica precedida dunha práctica, facendo a materia mais dinámica. Por outra banda nas prácticas aprendimos a crear e buscar recursos que seguro que utilizamos con frecuencia ao longo da nosa vida docente.
Pra rematar decir que con esta materia fixemos unha entrada no amplo mundo das TIC coñecendo así como a versatilidade e as posibilidades que se teñen á hora de ensinar e aprender.
No hay comentarios:
Publicar un comentario